Mostrando entradas con la etiqueta Teixeru. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teixeru. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de octubre de 2011

Abramos unha fiestra ao mundo

Tras a nosa participación no seminario de boas prácticas en Bolivia a raíz do Premio Nacional "Vicente Ferrer" coñecimos outros proxectos gañadores cos que nos gustaría participar. O IES Altaia en Altea, Alacant expuxo en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia) o seu Obrím una finestra al món.
Esta iniciativa fai rotar unha serie de paneis por distintos centros educativos con traballos sobre a sostenibilidade e as relacións Norte/Sur feitos por alumnado dos distintos centros. O Obrím estará no noso centro a partir do 10 de abril de 2012 durante dúas semanas. E durante este principio de curso (mes de outubro) pedimos un esforzo por parte do profesorado e alumnado do EPAPU para preparar dous paneis nosos para engadir á exposición do Obrím.
http://www.edu.xunta.es/centros/epaputeixeiro/node/139
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...